Tuesday 23 de April de 2024

Inés Rey destaca o peso político da Coruña na visita do ministro da Presidencia á cidade


A alcaldesa recibiu ao ministro en María Pita quen mantivo un encontro de traballo co goberno municipal

Analizaron detalles do próximo cume hispano-alemán e abordaron a situación dos proxectos do Estado na cidade

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, destacou esta mañá na recepción ao ministro da Presidencia, Relacións Institucionais e Memoria Democrática Félix Bolaños en María Pita, que a cidade “está a recuperar o seu peso político como pon de manifesto a celebración do próximo cume hispano-alemán os días 5 e 6 de outubro na Coruña”.

A alcaldesa que mantivo unha reunión de traballo xunto co seu goberno co ministro Bolaños, traslaoulle o seu agradecemento por ter escollido A Coruña e amosoulle a súa convicción de que “a cidade estará a altura do encontro”.

A alcaldesa e o ministro da Presidencia, repasaron os detalle o estado dos proxectos que está a desenvolver o goberno na cidade como o dragado da Ría do Burgo, o tren a Langosteira e a estación intermodal e puxeron en común os retos pendentes en materia de mobilidade, abordados esta mesma semana tamén coa ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez.

Inés Rey destacou que a interlocución co goberno de España permitiu desbloquear proxectos históricamente pendentes “foi durante este mandato e con este goberno co que se conseguiu poñer en marcha infraestructuras fundamentais para o futuro da cidade como o tren a Langosteira e o dragado da ría do Burgo”

Ademais abordaron o impacto na cidade das medidas que está a tomar o goberno central no ámbito do aluguer, os combustibles, a enerxía ou o transporte público e analizaron as próximas convocatorias de fondos Next Generation ás que poderán acceder proxectos que está a desenvolver o Concello.